No Seminario Menor de Lugo contamos con instalacions renovadas e modernas postas ao servizo do noso proxecto pedagóxico e educativo.
No Seminario Menor pódense cursar as distintas etapas do Ensino Secundario Obrigatorio "ESO" e tamén do Bacharelato polas vías LOE de Humanidades e CC Sociais e de Ciencias e Tecnoloxía.
Contamos cun edificio novo coas mellores calidades que responden a tódalas esixencias formativas:
- Biblioteca con máis de 100.000 volumes.
- Residencia para 60 alumnos con habitacións individuais e tódolos servizos.
- Espazos amplos para o estudo comunitario
- Salas de lectura, medios audiovisuais, informática, etc.
- Pistas deportivas exteriores.
- Polideportivo cuberto e calefactado con todos os servizos.
- Capelas por niveis cunha atención relixiosa adaptada ás idades.
- Salón de actos
- Salón de xogo
- Laboratorios, talleres, aula de música, libraría...